top of page

Aprazan ao 11 de novembro a inauguración da nova Casa do Concello de Silleda por mor do mal tempo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O novo edificio, que xa está totalmente rematado, será dado a coñecer mañá venres ao personal municipal


Laura Moure/Silleda

Ante a alerta publicada polos servizos meteorolóxicos ca entrada dunha nova borrasca en Galicia, afectando tamén ao interior de Pontevedra, na xornada do sábado 4, a xornada de portas abertas e o acto inaugural da nova Casa do Concello de Silleda prevista para o citado sábado 4, aprázase para o sábado 11 de novembro, cos mesmos horarios que estaba previsto. Esta decisión foi adoptada esta mesma mañá, toda vez que se activou un novo aviso meteorolóxico para este sábado ca entrada dunha profunda borrasca centrada ó suroeste das Illas Británicas, que deixará novamente unha situación de temporal de chuvia e vento. Esta alerta imposibilita a montaxe da carpa que estaba prevista entre a praza Siñor Afranio e a rúa Cartaxena, tal e como comunicou a empresa de espectáculos esta mesma mañá e tal e como anuncia o Concello.

O novo edificio, que xa está totalmente rematado, será dado a coñecer mañá venres ao personal municipal. Así, foi convocada hai xa varios días unha xuntanza cos traballadores e

traballadoras municipais para coñecer de primeira man as novas instalacións, ás que se irán trasladando os Servizos municipais de xeito gradual para interrumpir o menos posible a atención ao público.


Nos últimos días os operarios do servizo de obras e xardinería están a ornamentar a parte traseira do novo consistorio (na fachada cara a rúa Morón), onde a empresa


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A programación

A nova Casa Consistorial estará no reformado edificio municipal que durante anos albergou a Casa da Cultura, situado entre as rúas Progreso e Morón. Durante todo o día, neste caso lembramos o 11 de novembro, en horario de 10:00 a 22:00 horas, o edificio terá as portas abertas para que toda a veciñanza poida achegarse a coñecer as dependencias da novo Consistorio. Tamén no mesmo horario se servirá chocolate con churros a todas as persoas visitantes.


A xornada completarase con actividades lúdicas e musicais. Así, ás 11: 30, dará comezo o inicio do programa festivo ca actuación do grupo de música e baile tradicional Xirandola. Os actos oficiais están previstos para as 12:00 horas, aos que seguirá a actuación conxunta das dúas bandas de música do municipio, a Banda de Música Municipal de Silleda e a Banda Recreativa e Cultural da Bandeira.


Publicidade

Xa pola tarde, a partir das 17:00 horas haberá animación de rúa no entorno do novo edificio e ás 20:00 horas comezará o concerto tamén con artistas silledenses. Así, actuarán o silledense Rodrigo Ramos e o grupo local Sagafuga Blues Band.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page