Aparece sen vida o veciño de Oleiros que estaba en paradoiro descoñecido dende o pasado día 30
- ecosdacomarca

- 3 ene
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Aparece sen vida o veciño de Oleiros en proceso de busca desde o pasado 30 de decembro. A localización produciuse logo dunha operación coordinada pola Garda Civil e na que colaboraron os técnicos do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axega.
Os datos recompilados polos axentes de seguridade nos últimos días foron fundamentais para dar co señor. O corpo sen vida do veciño da Rúa Díaz Baliño, en Oleiros, atopouse tras unha inspección cos drons da Axencia Galega de Emerxencias, que visualizaron o cadáver nunha vía paralela á AG13 este mediodía.

Este foi o resultado dunha investigación realizada pola Garda Civil, que, desde o pasado 30 de decembro, estaba na procura do veciño de Oleiros.
Cómpre lembrar que os técnicos da AXEGA xa colaboraron antes nesta busca mediante o uso de drons e tecnoloxía especializada, pois o teléfono do señor aínda daba sinal. Mesmo foi posible a comunicación, pero o home non era quen de realizar a chamada ao 112, que podería ofrecer a localización máis exacta.
Publicidade
Todos os intentos finalizaron sen éxito. Non obstante, recentemente, a Garda Civil obtivo novos datos sobre a posible localización do señor e hoxe volvéronse empregar os drons da Axega para afinar a busca.
Publicidade
O operación deu resultados, pois foi localizado o señor. Lamentablemente, xa sen vida.








Comentarios