top of page

Aparece san e salvo en Cira o veciño de Añobre que levaba 13 días en paradoiro descoñecido

Foto del escritor: Laura Moure / IsmaelRSLaura Moure / IsmaelRS

A familia agradece a colaboración de toda a xente que se involucrou a través das redes sociais e que contribuíron na súa búsqueda


Laura Moure/IsmaelRS/Vila de Cruces

A familia de Luis Mella Caldelas xa respira tras dar co seu paradoiro. Este veciño de Añobre (Vila de Cruces) levaba desaparecido dende hai 13 días. Este venres, tal e como confirma un dos seus irmáns, foi atopado san e salvo na parroquia silledense de Cira.

Luis Mella apareceu san e salvo.

"Foi gracias á xente das redes sociais que nos chamou. Fumos un paso por detrás, pero hoxe demos con el, gracias a que un rapaz que ía correndo cun can o viu e nos chamou", conta seu irmán Manuel.


Cabe mencionar que onte unha pista o sitúaba o martes pola noite nun parque ubicado entre Padrón e Pontecesures. "Atópase cansado e bastante delgado", sinala Manuel.


Agora toca descansar e intentar que Luis non volva desaparecer porque por desgracia non é a primeira vez.



NOTICIAS RELACIONADAS:


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page