Ecos da Comarca/Xeral
Uns viandantes viron o cadáver e acudiron a un taller mecánico próximo para pedir axuda.
Tamén chamaron ao 112 Galicia pasados apenas uns minutos das cinco desta tarde para informar do que acababan de ver: o corpo dunha muller sen signos vitais detrás dun colector de lixo, no Polígono das Gándaras, no Porriño.
Publicidade
Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como dos axentes da Policía Local e Garda Civil.
Publicidade
De momento, o que está confirmado é que a muller está falecida, e, a partir de aí, continúan coa correspondente investigación os axentes de seguridade.
Comments