top of page

Aparece o corpo dun varón dentro dun contedor de papel

Ecos da Comarca/Xeral

Aparece o corpo dun varón dentro dun contedor de papel na Coruña. A chamada de alerta recibiuse no 112 Galicia ás 11:30 horas de hoxe desde unha planta de xestión de residuos en Penamoa, A Coruña.

Os alertadores explicaron que atoparon o corpo dun varón no interior dun contedor de recollida de papel e cartón. Decontado, avisaron a través do número único de emerxencias para que fosen activados os recursos necesarios.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Neste caso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Policía Local e Nacional, que confirmaron a localización do corpo no punto indicado polos alertadores.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A partir de agora, iniciarán a correspondente investigación dos feitos.


コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page