Ecos da Comarca/Xeral

Aparece o cadáver dun home tras sufocar un lume na Estrada, tal e como informa o 112 Galicia. As forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do suceso.
Publicidade
Pasadas as dúas desta tarde, o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular que observaba fume en zona de monte dentro da parroquia estradense de Santa Cristina de Vea. Isto motivou o aviso aos efectivos do Distrito Forestal da zona que, apenas uns minutos despois, comunicaron a localización do corpo dun home calcinado.
Publicidade
Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos axentes das forzas da orde, neste caso, Garda Civil e Policía Local. Agora tratan de averiguar como se desencadearon os feitos.
Comments