top of page

Aparece o cadáver dun home na vía do tren á altura da Ponte Ulla (Vedra)

Ecos da Comarca/Xeral

A oficina de prensa da Comandacia da Garda Civil da Coruña informou este venres da aparición do cadáver dunha persoa na vía do tren á altura da Ponte Ulla (Vedra).


"Ás 10:46 horas do día de hoxe comunica Adif a posible localización do cadáver dunha persoa entre as vías da liña férrea de alta velocidade Ourense Santiago á altura da Ponte Ulla, Vedra, vía férrea CV 0 82 PK 7 + 298 antes del túnel", indica a Garda Civil que puntualiza que o aviso o deron os maquinistas dos trens ao pasar pola vía.


Ao lugar dos feitos, desprazouse unha patrulla da Garda Civil que efectivamente confirma a existencia dun cadáver que pertence a un varón, localizando o seu turismo no mirador de Gundián.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Descártase a involucración de terceiras persoas no suceso. Ás 13:42 horas prodúcese o levantamento do cadáver e restablécese o tráfico ferroviario", apunta a Benemérita.

 
 
 

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page