top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Aparece morto preto da casa outro veciño de Vila de Cruces que levaba días tamén desaparecido

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Foto arquivo. Autor: Garda Civil.

Este mediodía ECOS DA COMARCA informaba en exclusiva da desaparición dun veciño da parroquia cruceña de Añobre. Desta volta, temos que informar do lametable final doutro lugareño, neste caso de Piloño, que fai xusto hoxe unha semana que tamén estaba en paradoiro descoñecido. Apareceu morto esta mañá preto da casa, tal e como confirman varios veciños e tamén dende o Concello.


Foi divisado por un helicóptero da Garda Civil. Trátase dun home de entre 45 e 50 anos. De momento, non trascenderon máis datos.


"Dende Protección Civil de Vila de Cruces queremos dar gracias en primeiro lugar a todos os veciños que desinteresadamente quixeron prestar a súa axuda rastreando todos os montes da zona xa sexa a pé, cabalo, quads, motos e todoterrenos nesta semana de búsqueda. En segundo lugar, darlle as gracias á Garda Civil de Vila de Cruces por facer o traballo que fixeron ata chegar a involucrarse persoalmente. E en terceiro lugar, a todos os medios que se puxeron para a búsqueda (drons, helicóptero, etc...). E aínda que o resultado non fora o mellor dos que se esperaba, GRACIAS A TODOS".

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page