" Abrín as portas ca esperanza de facer un mundo máis consciente e consumir produtos de calidade e de cercanía"
Laura Moure/Melide/Touro
Mercar en tendas a granel ten múltiples ventaxas: supón un paso máis cara unha vida sen plástico, podes mercar a cantidade que realmente precisas e ademais, apostan por produtos locais. Dende hai algo máis de dous meses abriu as súas portas en Melide a tenda Moraima a granel. Hoxe falamos coa súa xerente, Uxía Alonso Barreiro. Ela é da parroquia de Loxo (Touro).
1. Como xorde a idea de abrir Moraima a granel?
Sempre quixen montar o meu propio negocio, pero quería que fose algo distinto. Levaba unha temporada cambiando os meus hábitos de vida, comprando produtos de cercanía, intentaba comprar no comercio local, consumir o máis natural posible e intentando reducir o plástico. Algo que as veces é complicado encontrar e máis nunha aldea como vivo eu.
E pensei: porque non montar unha tienda onde a xente poida comprar o que a min me costaba atopar, é dicir, unha tenda a granel con produtos de cercanía e o máis naturais posibles?
2. Por que ese nome?
Quería poñer un nome en galego pero non se me ocurría ningún que me chamara a atención. E un día escoitei o nome dunha nena que se chamaba Moraima, e comentáronme que llo puxeran pola poesía dun escritor galego, Celso Emilio Ferreiro, e busquei o poema e leíno. Sentinme identificada de certa forma co meu proxecto, xa que, Celso fala no poema de que sementa a esperanza cando escoita Moraima, e ponse a luz en marcha cando escoita o nome e mátalle o silencio de non poder dicir Moraima. Algo que tamén me pasa a min con este proxecto, xa que, abrín as portas ca esperanza de facer un mundo máis consciente e consumir produtos de calidade e de cercanía, e tampouco me gustaría parar de dicir Moraima, xa que, significa que estamos facendo un bo traballo.
3. Galletas, infusións, envoltorios de cera veganos... que máis se pode atopar na súa tenda?
En Moraima pódese encontrar alimentación a granel, como diferentes tipos de pastas, fariñas, arroces, froitos secos, froitas deshidratadas, especies…A granel tamén se pode encontrar a limpeza, que está feita con aceite reutilizado de cociña. Temos por exemplo deterxente, vinagre, suavizante… Comprar a granel está moi ben, xa que, compras a cantidade que necesitas e non se desperdicia tanta comida. Teño tamén conservas galegas, cervexas artesanías, cremas de cacahuete, patés … e tamén cosmética natural. Vou a introducir estes días unha neveira e vou traer leite fresco pasteurizado que vén de aquí o ladiño, de Palas de Rei, algún queixo, iogures, kombucha… E para Nadal teño pensado facer cestas e packs.
4. Abriu as súas portas o 24 de xullo. Como está sendo a acollida?
Non me podo queixar. A xente está repetindo e iso é algo bo. Ao principio os produtos a granel non se vendían moito, xa que, estamos acostumados a chegar a tenda e ter o produto preparado, pero pouco a pouco, a clientela estase afacendo, ven que o produto lle gusta e que levan xusto a cantidade que precisan. Estou moi contenta cos client@s, xa que danme novas ideas e pasan a ver as novidades que vou introducindo.
5. Por que elixiu Melide?
Melide sempre me gustou. O principio pensei en poñer a tenda máis cerca de onde vivo, pero alí está todo moi parado, non ten moita vida…. Despois pensei en Santiago, pero salíase do presuposto. E finalmente elixín Melide, xa que ten vida, gústame e ten gran variedade de comercios diferentes.
6. É toda unha valente: Emprendedora e máis en época de pandemia. Como o leva?
Non che nego que asusta abrir un negocio nestá época, estamos en crise, estamos co Covid, o proxecto é algo novedoso que non sabes como se vai a adaptar a xente a el…. Foi un cambio moi grande na miña vida. O principio tiven dúbidas de se sería boa idea, pero gracias o apoio dos familiares e amigos tomei a decisión de seguir para adiante. Teño medo cando veña o inverno por se volvemos a ter restricións como o ano pasado, xa que, cando estivemos este verán en nivel máximo, notouse un pequeno baixón… pero o que non arrisca non gana, así que, temos que adaptarnos e ir a por todas!
7. Que é o que máis está vendendo? Hai algo que chama máis atención dos
clientes?
O que máis estou vendendo son as infusións, tanto a granel como en sobres. Os client@s tamén lle chama a atención a cosmética natural, xa que, non estamos acostumados a ver a cosmética neses formatos, teño por exemplo desodorantes sólidos, pasta de dentes en crema con bote de aceiro ou en po…
Un 95% das ventas son de mulleres, pero quero recalcar que temos produtos para todos, tanto para os homes, como mulleres, nen@s e incluso bebés
8. Cal é o perfil da súa clientela?
Sobre todo persoas que coidan moito súa alimentación a idade está entre vinte e largos a cincuenta. As persoas moiores cóstalle máis comprar en Moraima, xa que, danme respostas como “isto é como comprar nos tempos de antes” ou “estás volvendo aos tempos de antes, agora é todo máis fácil”. Eu intento explicarlles que antes era porque non había medios en cambio agora existen estas tendas por outras razóns, como comprar a cantidade que necesitas sen desperdiciar, non consumir tanto plástico para coidar o planeta… Un 95% das ventas son de mulleres, pero quero recalcar que temos produtos para todos, tanto para os homes, como mulleres, nen@s e incluso bebés (como os potitos naturais).
9. Considera que a xente é consciente da importancia da eliminación dos plásticos?
Este e un tema que me gustaría aclarar. Moraima non é unha tenda cen por cen sen plástico, un 95% dos productos son sen plástico. En cosmética natural temos tres produtos que teñen plástico. Abrín Moraima coas ideas de non introducir plásticos, pero as veces é algo complicado. Á hora de introducir un produto novo intento que cumpra tres requisitos: o primero que sexa un produto de calidade, o segundo que sexa o máis cercano posible e terceiro, que non traia plástico, pero ás veces é complicado conseguir estes tres requisitos nun mesmo produto. A xente que vén a comprar a Moraima a maioría dela compra porque lle gusta o produto, porque lle chama a atención ou porque quere probar algo distinto… pero non porque veña sen plástico. Pero tamén teño outra pequena parte da clientela que vén a Moraima para evitar o plástico. Eu intento na tenda falarlle sobre o tema cando compran, e en Instagram e en Facebook na páxina de Moraima a granel intento facer vídeos sobre o tema para concenciar á xente do uso do plástico. Temos que intentar coidar o noso planeta, por ti, por nós e polos que virán.
Comentários