Anxo Álvarez presenta a súa renuncia como concelleiro do PSOE de Lalín
- ecosdacomarca

- 16 ene
- 1 min de lectura
O seu cargo será ocupado por Mª Luz Iglesias Cobas
Ecos da Comarca/Lalín
O concelleiro socialista lalinense Anxo Álvarez presentou onte a súa renuncia ao cargo por motivos persoais e profesionais, co obxectivo de centrarse na súa actividade profesional. "Desde o Ggrupo Municipal Socialista de Lalín agradecemos fondamente o seu compromiso nestes máis de dous anos de servizo público, o seu ton dialogante, construtivo e o seu gran nivel nos debates, sempre desde o respecto e coa vontade de mellorar Lalín".

Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

O PSOE subliña que a súa renuncia prodúcese por unha decisión persoal plenamente lexítima, "que comprendemos e respectamos. Non obstante, Anxo Álvarez continuará formando parte do noso proxecto político. Desde o partido seguiremos contando co seu apoio e coas súas achegas, porque seguirá contribuíndo con ideas e propostas para seguir construíndo un Lalín mellor".
Publicidade
No seu lugar incorporarase como concelleira Mª Luz Iglesias Cobas, quen xa formou parte da corporación no anterior mandato. Licenciada en Bioloxía, con ampla experiencia e profundo coñecemento do rural, "chega con ilusión renovada e vontade de traballar, especialmente polos intereses das parroquias de Lalín e polo sector agrogandeiro", recalca o gurpo socialista.
Publicidade
A súa toma de posesión terá lugar no próximo pleno municipal.








Comentarios