top of page

Anuncian que o tramo da autovía Palas-Melide estará acabado este ano e o de Melide-Arzúa a finais de 2025

O alcalde de Melide participou na visita que realizou hoxe o secretario de Estado de Transportes e o Delegado do Goberno en Galicia e fíxolle unha petición


Laura Moure/Melide/Palas/Arzúa

O alcalde de Melide, José Manuel Pérez, e o de Palas de Rei, Pablo Taboada, participaron este xoves na visita que realizou o secretario de Estado de Transportes, José Antonio Santano e o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, as obras do tramo Palas de Rei-Melide da autovía A-54, que une as localidades de Lugo e Santiago.


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

Durante a visita as obras do viaduto de Pambre, José Antonio Santano asegurou que o tramo de Palas de Rei – Melide, estará totalmente rematado durante este ano, mentres que o que une Melide con Arzúa atópase a un 50% de execución, polo que estiman que se abrirá a finais do ano 2025.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

O alcalde José Manuel Pérez, explicoulle ao Secretario de Estado “cando abra o tráfico rodado entre Palas de Rei e Melide, e ata que non abra o tramo Melide-Arzúa todo o volume de vehículos terá que atravesar o centro urbano, confluíndo en moitos caso na rotonda do centro da vila”. Pérez engadiu que "dende que abriron algúns tramos da A-54 xa notamos un incremento moi grande de vehículos pesados que está a afectar gravemente a vida dos nosos veciños e veciñas”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento

Finalmente, Pérez solicitou unha reunión de traballo entre técnicos e autoridades para atopar a mellor solución entre todos, e propuxo estudar como alternativa habilitar ao mesmo tempo o primeiro quilómetro do tramo Melide-Arzúa para levar o tráfico da A-54 co obxectivo de acadar unha maior seguridade para os viandante e evitar o colapaso do centro da vila.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page