top of page

Antonio Riera proclamouse dobre campión galego en Ourense

Fin de semana intenso de competicións para o Club Atletismo Deza


Ecos da Comarca/Deza

O Club Escola Atletismo Deza tivo unha fin de semana intensa de competicións, cunha alta

participación. O sábado pola mañá asistiu a unha proba non oficial en Ordes, organizada polo Club dezá, Club Atletismo Millaraio e Club Atlética A Silva. Foi un encontro amigable entre os tres clubs galegos, no que se disputaron diferentes probas e se entregaron medallas aos mellores resultados.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O sábado pola tarde tivo lugar o Campionato Galego Absoluto en Ourense, no que Atletismo Deza tivo representación con Beltrán Rivas, que era o máis novo de toda a competición. Na proba de salto de altura obtivo unha marca de 1,69 metros, que lle permitiu quedar 10º na competición absoluta.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Finalmente, dende o Club felicitan a Antonio Riera, un dos fundadores do Club, que segue

colleitando bos resultados. Nesta ocasión participou no Campionato Galego Master en

ExpoOurense onde conseguiu proclamarse dobre campión galego. Gañou as probas de 400 metros e 1.500 metros.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page