Antonio Ferro Losada remata a súa etapa como concelleiro en Silleda
- Laura Moure
- 14 dic 2024
- 1 Min. de lectura
Darase conta da súa renuncia no Pleno o vindeiro luns día 16
Laura Moure/Silleda
O concelleiro do goberno silledense Antonio Ferro Losada rematou este venres a súa etapa política. Losada, apelido polo que se coñece ao que foi responsable municipal de Vías e Obras dende o ano 2019 , asistiu na xornada de onte á súa última xunta de goberno local.

“Hai que dar paso á xente nova. Este é para min un fin de ciclo”, indica Losada, a quen a alcaldesa, Paula Fernández, agradeceu o seu traballo durante todos estos anos. Logo de ser encargado do departamento municipal de Obras do Concello de Silleda durante anos, Antonio Ferro deu o paso a política meses despois da súa xubilación concorrendo na lista electoral encabezada por Manuel Cuiña.
Durante a pasada lexislatura e tamén na presente viña exercendo como concelleiro de vías e obras. “É unha decisión que xa viña meditando dende hai tempo”, engade Losada, que agradeceu tamén aos compañeiros e compañeiras do goberno o seu apoio durante estes anos.
Publicidade
A súa marcha suporá unha nova restruturación no goberno municipal encabezado por Paula Fernández Pena, na que se comezará a traballar a partir da vindeira semana.
Crédito para obras no rural pleno
A marcha de Antonio Ferro Losada será abordada o vindeiro luns no pleno extraordinario convocado para as 11:00 horas, sesión na que tamén figura a adxudicación do préstamo por 1.750.000 euros para investir nas vías do rural, e que foi acordado por unanimidade o pasado mes de novembro.
Commentaires