Os interesados deben anotarse antes do 17 de abril
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
O Concello de Antas de Ulla oferta clases de introdución á programación de videoxogos gratuítas para público adolescente a partir de 12 anos. Serán todos os luns de 19:00 a 20:00 horas na Biblioteca Antas Antas Ulla.
É preciso anotarse nas oficinas municipais ou chamando ao 982 379 251 antes do luns día 17 de abril.
Durante as mesmas abordaranse: a introdución ao deseño de videoxogos, introdución a Unity e Unity playground, a creación de xogos de exemplo con Unity playground; reprodución dun videoxogo e a creación do videoxogo en Unity playground. Estarán impartidas polo enxeñeiro de informática Jesús Otero a través da empresa local Emocionarte.
Aconséllase que os participantes traian os seus ordenadores portátiles.
Comments