top of page

Antas oferta actividades para favorecer a estimulación a nivel físico, cognitivo e social

Están dirixidads ás persoas maiores do municipio


Ecos da Comarca/Deza

O Concello de Antas de Ulla convida ás persoas maiores do municipio a participar en actividades para favorecer a estimulación a nivel físico, cognitivo e social. Terán lugar de luns a xoves de 17:00 a 19:30 na Casa da Cultura, e comezarán o día 18 de novembro.

De 17:00 a 18:00 terán lugar as actividades de ocio e tempo de lecer, que non requiren inscrición, e de 18:00 a 19:00 haberá diversas iniciativas para as que será necesaria a inscrición previa.


Dentro destas últimas, os luns haberá actividades para activar a mente; os martes será a quenda da ximnasia de mantemento; os mércores, das novas tecnoloxías; e o xoves, de activar a memoria.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A inscrición para estas últimas será nas oficinas do Concello. Máis información no número de teléfono 982 37 92 51.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page