Atende de xeito gratuíto aos nenos e nenas residentes nos tres concellos de entre 0 e 6 anos, ás súas familias e ao seu contorno co obxectivo apoiar o desenvolvemento infantil
Ecos da Comarca/A Ulloa
O Servizo de Atención Temperá Antas De Ulla Portomarín e Monterroso atende de xeito gratuíto aos nenos e nenas residentes nos tres concellos de entre 0 e 6 anos, ás súas familias e ao seu contorno co obxectivo apoiar o desenvolvemento infantil. O equipo de atención temperá valora e diagnostica os trastornos do desenvolvemento dos nenos e nenas, proporciona apoio en todas as áreas do desenvolvemento: psicomotor, cognitivo, linguaxe e comunicación, autonomía, socialización e afectividade e ademais ofrece información, apoio e formación ás familias.

É un servizo que se coordina cos recursos sanitarios, educativos e sociais da contorna do neno e a nena e da súa familia.
No servizo traballan tres perfís profesionais: pedagoga, psicopedagoga e logopeda. Para asistir ao centro é necesario solicitar cita previa, tal e como informa o Concello de Monterroso. O servizo funciona de luns a venres e o horario adáptase ás necesidades das familias.
Publicidade
Os alcaldes dos tres concellos, Pilar García Porto de Antas, Pablo Rivas, de Portomarín e Eloy Pérez, de Monterroso, e reuníronse os pasados días para planificar as actividades deste novo curso. Para máis información poden contactar cos Concellos.
コメント