top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Antas leva a cabo melloras nas estradas que unen Vilapoupre e Montecelos e Amarante con Vilasión

Ecos da Comarca/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla está a levar a cabo diferentes obras en aldeas e parroquias para mellorar o estado das estradas municipais, entre elas o Concello dá conta do proxecto de mellora do pavimento nas estradas locais que unen os núcleos de poboación de Vilapoupre e Montecelos, e San Fiz de Amarante e Vilasión, o que supuxo un reforzo do firme existente coa incorporación dunha nova capa consistente en aglomerado, previo varrido do firme existente, para axeitalo mellor ás características do tráfico rodado que soporta.

O goberno local considerou necesario proceder á pavimentación ou mellora destas estradas, ao consideralo unha actuación prioritaria, necesaria e urxente para os habitantes das parroquias de San Fiz de Amarante, Santiago de Dorra, e San Martiño de Vilapoupre, "que vai garantir un acceso digno ás vivendas e unha mellora tamén para a circulación de todos os usuarios destas vías".


O investimento total nesta actuación, financiada con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais 2021-2022, foi de 48.258 euros.

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page