Ecos da Comarca/Antas de Ulla
Antas de Ulla celebrou a súas festas de San Xoán. E ademais, aproveitou esta xornada tan festiva para presentar ao novo director da súa banda de música, Andrés Álvarez Toirán.
Foi durante o concerto que ofreceu na Praza Nova con motivo destes festexos. Ademais dos integrantes da formación, participaron durante a actuación como solistas Antonio Barros e Sergio Alba.
Andrés Álvarez ten 28 anos e é natural de Láncara (Lugo). Tomou o relevo do agoladés Javier González Borrajo, despois dunha década dirixindo a formación.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Comments