Antas de Ulla paga 170.000 € "pola mala xestión do anterior goberno"
- ecosdacomarca

- 27 oct
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Antas de Ulla
O goberno de Pilar García Porto cumpre coa palabra dada e fai fronte á débeda de 170.000 euros que o anterior executivo deixou sen pagar á empresa Galitec polas obras do campo de fútbol realizadas no ano 2015.

Publicidade
"Unha xestión irresponsable que acabou nos xulgados e que custou preto de 50.000 euros en intereses de demora, cartos que poderían terse destinado a melloras para os veciños e veciñas de Antas de Ulla", sinala o Concello, que salienta que "a alcaldesa, con moito esforzo e responsabilidade, negociou cada pago sen cargar máis impostos á cidadanía, priorizando o saneamento das contas municipais e devolvendo o bo nome ao Concello".
Publicidade
"Grazas á súa xestión e ao apoio da Deputación de Lugo (foto firma do acordo para afrontar a débeda), o Concello de Antas de Ulla logrou saldar por completo esta débeda, dando un paso máis na recuperación económica dun municipio que estaba lastrado polas obrigas impagadas do pasado. O novo goberno continúa traballando con responsabilidade e transparencia para garantir o futuro e a estabilidade de Antas de Ulla".








Comentarios