top of page

Antas de Ulla organiza reunións informativas nas parroquias sobre o Plan Básico Municipal

Laura Moure/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla levará a cabo nos vindeiros días unha serie de reunións informativas nas parroquias e no casco urbano para explicar á veciñanza o Plan Básico Municipal que está a tramitar a Xunta de Galicia.

Durante estes encontros, a alcaldesa, Pilar García Porto, informará de maneira clara sobre en que consiste este plan urbanístico, cales son os seus obxectivos e de que forma pode afectar ás vivendas, ás fincas e ao desenvolvemento futuro do municipio. Ademais, as reunións servirán para resolver dúbidas da veciñanza e para facilitar a presentación de consultas ou alegacións ao documento.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O Concello anima á participación cidadá neste proceso, destacando a importancia de que as veciñas e veciños coñezan o contido do plan e poidan expresar as súas opinións e inquedanzas.


Toda a documentación sobre o Plan Básico Municipal pode consultarse na páxina web municipal.

Calendario de reunións

  • 22 de marzo de 2026 – Antas de Ulla, ás 16:00 horas, na Casa da Cultura

  • 27 de marzo de 2026 – Olveda, ás 16:00 horas, na Casa Escola

  • 28 de marzo de 2026 – Santa Mariña, ás 12:00 horas, na Igrexa

  • 28 de marzo de 2026 – Areas, ás 16:00 horas, na Igrexa

  • 29 de marzo de 2026 – Dorra, ás 16:00 horas, no Local Social

  • 5 de abril de 2026 – Casa de Naia, ás 12:00 horas, no Teleclube

  • 5 de abril de 2026 – Antas de Ulla, ás 16:00 horas, na Casa da Cultura

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

As persoas que desexen recibir atención individualizada tamén poden solicitar cita previa na oficina municipal.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page