top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Antas de Ulla habilitará un servizo de transporte gratuíto para os maiores de 70 para ir a vacinarse

Teñen que trasladarse ao Punto de Atención Continuada de Palas de Rei e será para aquelas persoas que teñan serias dificultades para desprazarse

Punto vacinación no hospital de Santiago.

Autor: Ecos da Comarca


Laura Moure/Antas de Ulla

O alcalde de Antas de Ulla, Javier Varela, informa que, vista da campaña de vacinación contra a Covid-19 iniciada polo Sergas, e tras detectar algún caso puntual con dificultades de trasladao ao Punto de Atención Continuada (PAC) de Palas de Rei para recibila, o Concello habilitará un servizo de transporte gratuíto a fin de que os veciños de Antas, maiores de 70 anos chamados á vacinación e que teñan serias dificultades para desprazarse, poidan facer uso del.


O servizo de transporte, totalmente gratuíto, será realizado polo parque de taxistas de Antas de Ulla. E en caso de que haxa persoas de calquera outro grupo de idade que deban ir poñer a vacina e teñan tamén importantes dificultades tamén poderán gozar deste servizo.


Os interesados poden obter máis información ou solicitar dito servizo chamando tanto ás oficinas municipais (982 37 92 51) como ao servizo de taxis de Antas (982 37 92 51).



0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page