Laura Moure/Antas de Ulla
Esta domingo tivo lugar a entrega de premios do concurso de poesía Nadal 2021 da Biblioteca Antas Antas Ulla na Casa da Cultura de Antas de Ulla. O alcalde, Javier Varela, foi o encargado de facer entrega dos galardóns, nun acto no que tamén participaron as integrantes do xurado e a responsable da Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla, Teresa Batán.

O xurado decidiu que os premiados foran: na categoría A Xiana Vázquez Guerreiro, Saúl Yagüe Blanco e Martín Quintá Pereiro. E, Manuel Coucheiro Rodríguez, Mateo Alba Mosquera, Xiana Méndez Blanco e Martín Otero Iglesias recibiron un accésit. Na categoría B os gañadores foron Adriana Vázquez Louzao, Pablo Coucheiro Rodríguez e Jesús Medela Vázquez. O accésit desta categoría foi para Xoel Ríos Moure e Hugo Conde López. Por último, na categoría C resultaron vencedores os poemas de Daniela Couso Rodríguez, Ángela García García e Laura Hermida Vázquez.
Os autores seleccionados recibiron cadanseu diploma e un agasallo e os traballos premiados, participan na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo.
O xurado estivo integrado por Érica García Varela, Susana Diéguez Valladares, Paula Rodríguez Sucasas e Mª Teresa Batán Buján como secretaria con voz e sen voto. A continuación houbo unha actuación da contacontos con Ana Carreira.
NOTICIA RELACIONADA:
Comentarios