Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Antas de Ulla e Monterroso benefícianse das axudas da Xunta para a dinamización da lectura

Ademais de alentar a aprendizaxe, o desenvolvemento de actividades de dinamización no ámbito da biblioteca permiten reforzar o seu carácter de espazo aberto


Laura Moure/A Ulloa

Un total de 35 concellos da provincia de Lugo benefícianse das axudas da Xunta de Galicia para as actividades de dinamización da lectura e para o desenvolvemento do programa Ler conta moito nas bibliotecas e axencias de lectura integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. As achegas concedidas suman 30.600 euros. E da comarca da Ulloa beneficianse os Concellos de Antas de Ulla e Monterroso.

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, explicou que o Diario Oficial de Galicia (DOGA) vén de publicar a lista de beneficiarios desta orde que convoca a Consellería de Cultura, Educación e Universidade para apoiar as actividades de animación á lectura sobre a base do catálogo Ler conta moito 2021. Este programa, que se desenvolve en colaboración coas entidades locais, ten como obxectivo contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir. Ademais de alentar a aprendizaxe, o desenvolvemento de actividades de dinamización no ámbito da biblioteca permiten reforzar o seu carácter de espazo aberto.


En canto á distribución das axudas, hai 11 municipios beneficiarios da Mariña -Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Ribadeo, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove-; nove da Zona Sur -Bóveda, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, O Saviñao, Sober e Taboada-; oito da Terra Chá e Meira -Castro de Rei, Guitiriz, Meira, Muras, A Pastoriza, Riotorto, Vilalba e Xermade-; e tamén os de Lugo, A Fonsagrada, Monterroso, Antas de Ulla, Sarria, Láncara e O Páramo.


Ao abeiro desta liña os Concellos beneficiarios deberán programar ata o 25 de outubro un mínimo de dúas actividades polas que reciben unha achega que cubre ata o 75% dos gastos. Como complemento a estas axudas, a Xunta ofrece tamén subvencións para o crecemento e actualización das coleccións das bibliotecas e axudas para equipamentos culturais de Concellos, ademais de potenciar a biblioteca dixital Galiciana, entre outras iniciativas.

15 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE