top of page
Buscar

Antas de Ulla celebra as súas festas na honra á Virxe dos Remedios organizadas polo Concello

Hoxe, venres, despois do concerto de Fiadeira e dentro da programación dos festexos patronais, haberá un espectáculo de fogos artificiais



FESTAS PATRONAIS ANTAS DE ULLA 2023

 

Laura Moure/Antas de Ulla

O ambiente festivo respírase en Antas de Ulla. Esta localidade da Ulloa celebra hoxe, venres, e mañá, sábado, día 9, as súas festas na honra á Virxe dos Remedios. Este ano é o propio Concello quen organiza os festexos patronais.

É a primeira vez que o Concello asume directamente a organización destas. A programación inclúe diferentes concertos polas noites na praza do Concello e na praza Nova. En concreto, poñerán o ritmo ao longo destas dúas xornadas Fiadeira, A Roda, Dj Tibu; Os Parentes; Lucía Pérez e DJ Manu GZ.


Publicidade

Ademais, celebraranse os tradicionais actos relixiosos, concertos das bandas de música de Antas de Ulla e As Nogais, non faltará os pasarrúa, unha sesión vermú con Son’s Varadero e haberá unha hora infantil gratuíta nas colchonetas polas tardes, para que os máis cativos tamén gozan da mellor maneira.


“É a primeira vez que asumimos desde o Concello directamente a organización das festas, cunha programación variada para desfrutar en familia e cos amigos”, indica a alcaldesa, Pilar García Porto, que destaca “a importancia das festas para a dinamización económica, cultural e social de Antas de Ulla. Se no futuro hai algunha comisión de festas interesada na organización, contarán con toda a colaboración do concello”, engade.


Publicidade

Axuda da Deputación de Lugo

O Concello conta para o financiamento da programación cunha axuda importante da Deputación de Lugo, que cubre a parte máis importante dos gastos.


A programación completa:

Ademais, o Concello anunciou que este venres, despois do concerto de Fiadeira e dentro da programación das festas patronais, haberá un espectáculo de fogos artificiais.


O CONVITE DA ALCALDESA, PILAR GARCÍA
"Dende o Concello de Antas de Ulla queremos convidar a todas as persoas a que se acheguen a desfrutar destes dous días festivos en compañía da familia e dos amigos, cun programa deseñado para poder desfrutalo. Dende os primeiros pasos, o día 8 coa banda de Antas de Ulla, pasando polo concerto de mediodía e tarde ata a noite cando contaremos coa actuación de Fiadeira con música tradicional e logo co grupo A Roda rematando co DJ TIBU. E o día 9 desfrutaremos coa Banda das Nogais; con Son's de Varadero en sesión de mediodía e rematando a xornada cun concertos de Os Parentes, outro de Lucía Pérez e logo xa pensando nos máis novos, ao igual que o día anterior, co dj Manu GZ. Ademais teremos unha hora de lecer para os máis cativos completamente gratuita de desfrute das colchonetas e das atraccións da festa. Así que convidamos a todo o mundo!".
A alcaldesa, Pilar García Porto.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page