top of page

Antas de Ulla celebra a súas festas da Virxe dos Remedios o 8 e 9 de setembro

Foto del escritor: Laura Moure / IsmaelRSLaura Moure / IsmaelRS

Haberá misa, música, inchables de balde e fogos artificiais


Laura Moure/IsmaelRS/Antas de Ulla

Antas de Ulla celebra as súas Festas da Virxe dos Remedios os días 8 e 9 de setembro. Ambos días haberá pasarrúas ás 11:30 horas e misa solemne ás 13 horas. Ademais, durante as dúas xornadas de 17:30 a 18:30 horas será a hora infantil con colchonetas de balde. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O primeiro día a Banda de Música de Antas de Ulla ofrecerá un concerto ás  14 horas e outro ás 20 horas ademais de poñerlle ritmo ao pasarrúas da mañá. Ás 23 horas actuará Zoelas e ás 23:45 horas haberá fogos artificiais. Sobre as 00:30 horas será o concerto de Luar na Lubre. 


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Mentres o segundo día, o 9, ás 14 horas actuará a Asociación Cultural Fiadeira que tamén amenizará o pasarrúas da mañá. Despois, ás 19 horas terá lugar o pasarrúas e ás 20 horas o concerto na Praza Nova a cargo da agrupación musical Dambara-Santo Inocencio-Burela. Pola noite, ás 22:15 horas comezará o concerto Colección Romántica de David Taboada e Sergio Alba. Por último, ás 00 horas o broche final destas festas poñerao a orquestra Trébol


Mirade que nos conta a alcaldesa, Pilar García Porto.






Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page