Ecos da Comarca/Antas de Ulla
Volve a romaría a Antas de Ulla coa IV Festa da Xuventude que terá lugar o 13 de abril. Pola tarde haberá actividades para os cativos e a música, de diferentes estilos, será a protagonista da xornada, incluída unha masterclass de zumba. Actuarán ao longo do día e da noite distintas formacións. Ademais, terá lugar a senda do elefante 9.0 e haberá cea popular.
Así mesmo, os interesados poderán desfrutar do servizo de autobuses que sairán dende distintas localidades: Lalín, Rodeiro, Chantada, Taboada, Monterroso, Antas de Ulla, Agolada, Melide e Palas de Rei.
Toda a información na imaxe:
Comments