top of page
Foto del escritorLaura Moure

Antas anuncia os gañadores do concurso de debuxo e narración da Biblioteca Municipal polo Día das Letras Galegas

Recibirán os seus premios, que inclúen diplomas, material informático e lotes de material escolar ou libros, o domingo 9 de xuño


Laura Moure/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla anuncia as gañadoras e gañadores do concurso de debuxo e narración da Biblioteca Municipal polo Día das Letras Galegas. Recibirán os seus premios, que inclúen diplomas, material informático e lotes de material escolar ou libros, este domingo 9 de xuño. O acto será no antigo cuartel ás 17:00 horas, e ao rematar haberá unha actuación de Paco Nogueiras.

Na categoría A resultaron gañadoras Samantha Sofía Flores Martínez co primeiro premio, Ariadne Otero Moure co segundo e Alexia Rodríguez Amor co tercero. Ademais, o xurado otorga accésits a Gael Méndez Rodríguez, Sabela Magdaleno Vilariño e Laura Fariñas López.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Na categoría B gañou o primeiro premio Manuel Concheiro Rodríguez, seguido de Xiana Vázquez Guerreiro e de Alejandra Mosteiro Vázquez.


Na categoría C, o primeiro premio foi para Daniela Pedrosa Martínez, o segundo para Pablo Concheiro Rodríguez, e o tercero para Iago Vilariño Vizcaíno.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

As premiadas e premiados participarán na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page