top of page

Antas de Ulla acollerá este sábado unha mesa redonda sobre os xurros e a produción de biogás

Participarán persoas expertas e dos sindicatos agrarios


Laura Moure/Antas de Ulla

A Casa da Cultura de Antas de Ulla acollerá mañá -15 de febreiro, ás 16:00 horas – unha mesa redonda en relación cos xurros e a produción de biogás, organizada por Adega coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

foto

A xornada contará coa participación do enxeñeiro agrónomo e investigador no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo Xoán Castro e de representantes dos sindicatos e asociacións agrogandeiras  -Sindicato Labrego Galego, Fruga, Unións Agrarias, Agromuralla e a asociación Gandeiras e gandeiros galegos Elas Eles -, que achegarán información sobre o proceso produtivo nas plantas de biogás e  sobre o seu impacto no territorio, tras a presentación por parte da empresa CCC Energo dun proxecto para construír unha planta de biogás no municipio.


O deputado de Rural Daniel García valorou a iniciativa que “atende unha demanda emerxente de información por parte do sector gandeiro da Ulloa  en relación co modelo enerxético vinculado á xestión de residuos” e defendeu “modelos produtivos sostibles, que respecten o medio, a herdanza da tradición agraria e a xestión do territorio”.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O vogal de Adega Daniel Vispo tamén puxo o foco na participación das asociacións e sindicatos agrogandeiros. “Preguntámonos se os xurros son un problema ambiental e se as plantas de biogás son a solución, e buscamos a participación do sector gandeiro nese debate, porque entendemos que as ganderías son as primeiras interesadas en defender o territorio”.


A presentación da xornada contou tamén coa participación de Sonia Mareque, representante do recén constituído colectivo veciñal “Biogás en Antas Non”, que expuxo a preocupación xerada entre a veciñanza polo proxecto presentado pola empresa CCC Energo o pasado mes de decembro e destacou a necesidade “de información e formación para que a veciñanza, e particularmente as gandeiras e gandeiros, entendan mellor en que consiste a produción de biogás e que conlevaría a chegada dunha planta destas características a Antas”.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Participantes no coloquio:

  • Xoán Castro | Investigador do CIAM

  • Xulio Fernández | Coordinador sector lácteo do Sindicato Labrego Galego

  • Elías Somoza Regueiro | Responsable da área de gandería da FRUGA

  • Xulio Fernández | Coordinador sector lácteo do Sindicato Labrego Galego

  • Jacobo Feijóo Lamas | Técnico de Unións Agrarias

  • José Luis Pérez Barreiro | Presidente de Agromuralla

  • Adrián Riádigos | Presidente de Gandeiras e gandeiros galegos Elas-Eles

  • Modera:Sonia Mareque Alonso | Tecnóloga de alimentos


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page