top of page

Antas acolle hoxe unha sesión para asesorar á veciñanza dos trámites e xestións en internet

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla organiza para hoxe, luns, 20 de xaneiro, unha sesión de ‘Administración. Preto de ti’ para asesorar aos veciños e veciñas. Coa colaboración da Delegación do Goberno en Galicia e da Subdelegación do Goberno en Lugo, a Casa da Cultura de Antas de Ulla será o escenario de sesión ás 10:30 horas.

“Temos que evitar a fenda dixital, sobre todo coas persoas maiores, e con esta sesión daremos asesoramento sobre os trámites e xestións máis habituais, resolvendo por exemplo as dúbidas dos veciños e veciñas para obter o certificado dixital e a Cl@ve permanente para relacionarse electrónicamente coas administracións públicas”, sostén a alcaldesa, Pilar García Porto.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Acudirá tamén persoal do SEPE e da Seguridade Social para ofrecer información sobre os trámites realizados polos mesmos.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page