top of page

Antón Diéguez e Sheila López gañan o I Concurso de postais 'Aldeas de Nadal' de Lalín

Os premios entregaranse o martes 14 de xaneiro ás 19 horas na Biblioteca Municipal


Laura Moure/Lalín

Antón Diéguez López, de 5 anos, e Sheila López Vázquez, de 10 anos, os dous de Lalín, foron os gañadores do I Concurso de Postais “Aldeas de Nadal” 2024, promovido pola Biblioteca Municipal Varela Jácome de Lalín co que se fomenta a expresión artística, a creatividade e a participación activa dos/das nenos/as lalinenses. Así o avanza a concelleira de Cultura, Paz Pérez, que remarca que Antón Diéguez se alzou co premio na categoría A (de 3 a 6 anos) e Sheila López co premio na categoría B (de 7 a 12 anos). Ambos traballos gañadores reproducen debuxos sobre as Aldeas de Nadal.

Paz Pérez remarca que os gañadores foron elixidos por un xurado constituído ao efecto e que se reuniu na tarde do 30 de decembro para avaliar e seleccionar as postais gañadoras do citado concurso. O xurado presidido pola concelleira de Cultura estivo conformado polo concelleiro delegado de Xuventude, Avelino Souto; pola traballadora da Biblioteca Municipal, Elena Abollo e actuou como secretaria Belén Vilariño.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Tras a a apertura dos 40 sobres presentados (21 na categoría A, de 3 a 6 anos e 19 na B de 7 a 12 anos) o xurado decidiu outorgar os premios a Antón Diéguez e a Sheila López que recibirán os premios nun acto que se desenvolverá na Biblioteca o vindeiro día 14 de xaneiro ás 19 horas.


Os premios consistirán nun diploma e nun lote de libros para cada unha das categorías ademais dunha mención especial para todos os participantes, con cuxos traballos se realizará unha exposición na propia Biblioteca.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page