top of page

Antón Branco Vilariño irá no posto número 7 na candidatura de Alba Forno

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

“Con Alba Forno a cabeza temos a oportunidade de deixar a Crespo na sombra de unha vez por todas e quitar ese obstáculo para que Lalín avance”, sinala


Ecos da Comarca/Lalín

O grupo socialista de Lalín segue a presentar a súa lista, que é renovada e revolucionaria,

e da cal formará parte o lalinense Antón Branco Vilariño. É natural do casco urbano e

traballa como analista de datos no sector financeiro. Leva anos vinculado a vida política,

pero decidiu dar un paso á fronte “cando vin que Alba era a candidata do grupo

socialista”.

Branco destaca que a candidatura de Alba Forno é “a única posibilidade de deixar a Crespo na sombra de unha vez por todas e quitar ese grande obstáculo que representa el para que Lalín avance”. Ademais, resalta que “a nosa vila necesita máis persoas coma

Alba Forno, que é a mostra do Lalín do futuro e que irá cos tempos”. Engade que a

candidata socialista e o seu proxecto está enfocado “cara ás pequenas cousas que

preocupan no día a día a nosa veciñanza, sen deixar os folgos nas grandes inversións sen proxectos. É unha persoa próxima á veciñanza, e fai moita falla”.


Antón Branco irá no posto número 7 da candidatura socialista á Alcaldía e afirma estar

entusiasmado con este proxecto, “no que traballarei para achegar ideas enfocadas ao

ámbito dixital, á transparencia e ao medio ambiente, posto que estudei bioloxía”. Así mesmo, destaca que as súas ideas encaixan coas do PSOE de Lalín e puntualiza que “os

valores de Alba representan o que busco da política, un espazo participativo, no que se

escoite ás persoas e se respecten as ideas. Alba será a primeira alcaldesa de Lalín, estou

convencido”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Pola súa banda, a candidata á Alcaldía, Alba Forno, detalla que Antón é unha persoa

altamente traballadora, “que desde que o chamei estivo disposto a achegar as súas ideas

e a traballar ao meu carón”. Destaca del que sempre suma e “está disposto a deixar boa

parte do seu tempo por traballar para a veciñanza. Ten ideas innovadoras e rompedoras

que levaremos a cabo en canto cheguemos á Alcaldía”. A candidata mostra a súa

satisfacción por contar con Antón no seu proxecto, xa que “controla moitas áreas que son

relevantes hoxe en día, coma as novas tecnoloxías ou o medio ambiente”.



Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page