. Acolle a 49 usuarios e ofrece diferentes servizos e non rexistrou ningún caso positivo de coronavirus
Laura Moure/Vila de Cruces
O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe a residencia municipal de Vila de Cruces para comprobar o funcionamento deste centro logo da pandemia provocada pola Covid-19. Alí, subliñou o esforzo e o labor indispensable dos traballadores dos centros residencias neste último ano.
Neste sentido, o director xeral de Atención Sociosanitaria salientou o estrito cumprimento dos protocolos sanitarios que conseguiron que neste centro residencial non houbera ningún caso positivo entre os seus usuarios.
Ademais, recordou o compromiso que a Xunta de Galicia ten con este centro residencial ao que achega máis de 190.000 euros para axudar a sufragar os custes de 16 prazas concertadas desta residencia. O centro acolle a 49 usuarios e ofrece diferentes servizos como o de enfermaría, odontoloxía, estimulación cognitiva, fisioterapia, psicoloxía ou ximnasio.
Os asistentes á visita, hoxe, na residencia de maiores de Vila de Cruces.
Comments