Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Animalistas anónimos, que asinan como o equipo A, aseguran que rescataron os cans atrapados na Palma

Os drons da empresa lalinense Aerocamaras captaron pegadas humanas na zona así como a lona na que supostamente escribiron que os animais están ben


Laura Moure/Lalín

A empresa lalinense Aerocamaras que se atopa na Palma para rescatar aos podencos atrapados pola lava anunciou este xoves que detectou pegadas humanas na zona do rescate. E a asociación Leales.org sinala que "ante a incapacidade e trabas das autoridades, supostos animalistas anónimos accederon á zona rodeada pola lava solidificada e deixaron un cartel". Esta pancarta tamén foi detectada en parte polos drons da firma dezá. "Na tarde de onte, os nosos drons captaron a lona, pero posiblemente a causa do vento, estaba dada a volta. Isto desconcertou ao equipo, pero non se conseguía apreciar que existía mensaxe algunha", declarou hoxe ante os medios Jaime Pereira, responsable de Aerocamaras.


"Os drons de Aerocamaras, empresa encargada por Leales.org para o rescate, captaron pegadas humanas na zona. Non se sabe o estado dos animais e solicítase aos "animalistas anónimos" que fagan público os vídeos do seu estado", require Leales.org. Así mesmo a esta plataforma enviáronlle a través dun correo anónimo un vídeo (que mostramos liñas máis abaixo) no que non se pode identificar aos autores. Na gravación aparece unha pancarta colgada no lugar onde estaban os cans na que pode lerse: "Somos animalistas anónimos, gracias por vuestra labor, de parte del A Team: #masfuertesqueelvolcan". Ademais, aparecen imaxes dos podencos.


Leales.org descoñece se realmente son animalistas anónimos ou alguna asociación, protectora, entidade, institución, etc. E o equipo desta entidade está estudiando a orixe do correo anónimo e solicita á persona, persoas ou institución que mostren os vídeos dos podencos en bo estado... De feito, está analizando os vídeos e detectou que na gravación recibida hai un voo de dron coa pancarta, o cal non pertence á empresa contratada Aerocamaras porque o dron usado é un modelo Phantom 3 con cámara térmica.


A plataforma Leales.org insta ás autoridades de PEVOLCA a que revisen a súa lista de drons autorizados e filtren os donos dese modelo. Polo tanto, a plataforma animalista sospeita que o creador do vídeo teña capacidades de rexistro de temperaturas e coñeza perfectamente as zonas ou salvacondutos máis solidificados ou fríos, por onde puideron transitar "os anónimos" ata retirar aos animales, saltándose ilegalmente os perímetros acordonados polas autoridades.


Explicacións

Ademais, insta ás autoridades de PEVOLCA a dar explicacións de a quen se lle concedeu licenza de voo por dron na zona e quen ten drons con cámaras térmicas que poidan detectar as zonas "frías" do cercado, para esclarecer os feitos e averiguar o estado dos animais.


"O noso obxectivo actual é comprobar que cans están ben e poder dar por finalizada a nosa operación", conclúe pola súa parte Aerocamaras.

O vídeo enviado a Leales.org polos supostos rescatadores.


NOTICIAS RELACIONADAS:

551 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE