Perruquería Marisa.gif

Anido: "A homenaxe é moi de agradecer por levar o nome de Melide ao máis alto dos podiums de España"

O Concello de Melide ríndelle un tributo hoxe aos veciños Jesús Ferreiro e Javi Anido, campións de España de Vehículos Históricos 2021


Laura Moure/Melide

Melide acolle hoxe, sábado 11, unha recepción aos veciños deste municipio Jesús Ferreiro e Javi Anido, campións de España de Vehículos Históricos 2021. A cita será no Cantón de San Roque ás 13:00 horas.


"Contamos con todos vós para renderlles a homenaxe que merecen", sinala o Concello. Ferreiro e Anido continúan recolectando éxitos. ECOS DA COMARCA falou este venres co copiloto deste binomio perfecto, Javier Anido. "Estamos ledos de acadar outro campionato. Este ano déusenos por seguilo, xunto con probas do europeo tamén. E a homenaxe é moi de agradecer e máis que merecida por levar o nome de Melide ao máis alto dos podiums de España", sinala Anido.


Dende ECOS DA COMARCA mandámoslles os nosos parabéns!



329 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif