Ecos da Comarca/Touro
Angélica Lamas Louzao, de Fonte Díaz, súmase ao partido independente Movemento Veciñal de Touro para formar parte da candidatura liderada por Roberto Castro Rocamonde que optará á Alcaldía no vindeiro mes de maio.

Lamas cursou estudos universitarios no ámbito da informática e dende fai anos traballa como profesional da ensinanza dando clases de reforzo, un feito polo que é coñecida e recoñecida por boa parte da veciñanza.
"Dende o Movemento Veciñal de Touro dámoslle a benvida e estamos seguros de que o seu traballo no próximo goberno local será clave para sacar adiante o proxecto que temos para Touro, convertendo ao noso concello nunha referencia para os municipios da contorna", sinala a formación política.
Comments