top of page

Ana Pontón manifestouse en Touro decididamente en contra do novo proxecto de reapertura da mina

Desprazouse este venres a Arinteiro para coñecer as preocupacións da veciñanza


Ecos da Comarca/Touro

A rentes das 11:30 da mañá chegou ao lugar de Arinteiro (Touro) a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, acompañada das deputadas do BNG Iria Carreira e Rosana Pérez, do alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, e dos concelleiros Xan Louzao, de Touro, e Lucía Barreiro Capón e Xosé Luís Vidal Brocos, de O Pino.

Foron recibidos por veciños de Arinteiro e por representantes da Plataforma Veciñal Touro-O Pino Mina Non, que mostraron "a súa angustia e preocupación por un proxecto que consideran ameazante para as súas vidas, a súa saúde e a mesma economía de toda a comarca, ademais dos efectos nocivos sobre o medio ambiente, sobre toda a conca do Ulla e a propia Ría de Arousa".


Dentro do percorrido pola zona, os veciños amosáronlles a situación dos ríos Pucheiras e Portapego, "contaminados pola anterior actividade extractiva dos anos 70 e 80, e nunca recuperados, nun francoe evidente incumprimento por parte da empresa dona dos terreos e dos dereitos mineiros, Explotaciones Gallegas SL., que tiña obriga legal de facelo, e que é parte da actual Cobre San Rafael".


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Para os veciños isto pon de manifesto tamén "o desleixo da Administración que nunca lle esixiu áempresa con contundencia esa restauración nestes máis de 30 anos, e que lonxe diso “premia” ao novo proxecto mineiro coa categoría de “estratéxico industrial”".


Ana Pontón manifestouse decididamente en contra do novo proxecto de reapertura da mina, "cando o anterior, practicamente igual ao actual, foi rexeitado pola propia Xunta". Igualmente anunciou que o BNG volverá a plantexar o problema no Parlamento de Galicia, sinalando que "a agresión que a reapertura da mina supón, ademais de afectar ás comarcas directamente implicadas é un grave problema para o conxunto de Galicia, tanto desde o punto de vista da saúde pública e do medio ambiente, como da economía mesma".

PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os veciños reiteraron a súa proposta de levar o asunto ante o Parlamento Europeo, dado que a Xunta de Galicia declarou o proxecto mineiro como estratéxico industrial "o que lle facilita a súa tramitación administrativa, mentres recorta prazos e oportunidades aos veciños, que ven con angustia ameazadas as súas casas, a súa saúde e modo de vida".


ECOS DA COMARCA estivemos no lugar e nos vindeiros días publicaremos vídeo.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page