top of page

Amigos da Empanada organiza mañá un bingo no que se repartirán premios valorados en máis de 1.000 €

O evento comezará a partir das 19:00 horas


Laura Moure/Silleda

O Centro Social da Bandeira (Parchís) acollerá mañá, sábado 11 de marzo,  un gran bingo organizado pola Asociación Cultural Amigos da Empanada e destinado para todos os públicos. O evento comezará a partir das 19:00 horas e repartirá decenas de premios valorados en máis de 1.000 euros e que foron doados polo comercio local do concello de Silleda. 

Entre as recompensas para as persoas afortunadas que canten bingo ou liña atópanse unha televisión smart TV de 32¨, unha folla de bacallau, comidas e ceas en bares e restaurantes da contorna, un xamón, queixos, viños, vales por tatuaxes, gasolina ou masaxes, limpezas dentais, chuletóns de vaca vella, unha empanada da galardoada Lola Sangiao, mesas para a Festa da Empanada, sacos de patacas ou fariña, cestas con alimentos, chocolates entre outros moitos. 


A directiva da entidade cultural anima a seguir ao colectivo nas súas redes sociais que levan por nome Festa da Empanada en Instagram, Facebook, Twitter e Tiktok para estar ao día nos próximos eventos que se anunciarán nas vindeiras semanas. 


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page