Amigos da Empanada e o Concello de Silleda reúnense coa mirada xa posta na XLVI Festa da Empanada
- Laura Moure

- 2 feb 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
A Asociación Amigos da Empanada de Bandeira reuniuse esta mañá con Mónica González Conde, primeira tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Turismo do Concello de Silleda.

Andrés Seoane (presidente), Flavia Payno (secretaria) e Alfonso Mato (tesoureiro) presentaron a nova directiva da asociación e debateron xunto con Mónica González sobre a realización das festas de verán da vila da Bandeira.
Ambos entes coinciden que a Festa da Empanada debe celebrarse no presente ano a súa 46 edición, pero sempre coa máxima prudencia e cumprindo en todo momento as medidas sanitarias para garantir a seguridade de todas as persoas asistentes. Tanto o Concello de Silleda como Amigos da Empanada valoran de xeito moi positivo o encontro no que quedaron fixadas as principais liñas de colaboración.







Comentarios