top of page

Amigos da Empanada de Bandeira incorpora a Lucía González e Bárbara Cuiña á súa directiva

Laura Moure/Silleda

Bárbara Salgueiro Cuiña e Lucía González Souto son as novas fichaxes da asociación organizadora da Festa da Empanada, logrando a directiva un equipo de 26 persoas, distribuídas en diversas áreas de traballo. Esta adhesión, que busca fortalecer a área económica do grupo, é valorada de xeito moi positivo polo presidente Andrés Seoane, que se mostra sorprendido ante unha situación inédita: “nos últimos anos, existían grandes dificultades para xuntar unha directiva, e agora é propia xente a que se ofrece para sumarse á formación, polo que só teño palabras de agradecemento”.

Andrés Seoane xunto a Bárbara Cuiña e Lucía González na Praza Camilo José Cela.

Nas vindeiras semanas, a Asociación Amigos da Empanada da Bandeira comezará a busca de colaboradores e patrocinadores do seu libro de negocios, que este ano será realizado en formato dixital para facilitar a súa difusión e reducir os custos.

Por outra parte, o gran número de participantes, permitirá desenvolver unha axenda cultural e gastronómica que se estenderá máis alá dos meses de verán, ofertando diversas actividades ao longo do ano.


0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page