A entrega, de media hora de duración, foi creada e ideada por Luis Taboada Brey (Arkadia Universe) en colaboración coa directiva da organización comunitaria
Laura Moure/Silleda
A Asociación Amigos da Empanada da Bandeira (Silleda) presentará o sábado 5 de novembro un documental que repasará a historia da cita gastronómica na voz de persoas históricas como Marichelo Penoucos ou José Casal, entre outros.
A entrega, de media hora de duración, foi creada e ideada por Luis Taboada Brey (Arkadia Universe) en colaboración coa directiva da organización comunitaria. Ademais da ollada ao pasado, os espectadores poderán gozar de espectaculares imaxes da Empanada 2022 así como mercar o novo merchandising da asociación.
“É unha auténtica homenaxe á nosa vila e á nosa festa, un traballazo cheo de sorpresas que non podedes deixar de ver", sinala Andrés Seoane, presidente de Amigos da Empanada.
A estrea terá lugar o sábado 5 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira. A entrada será de balde e as portas abriranse ao público ás 19:30 horas.
Commenti