top of page

Amigos da Empanada da Bandeira despide o ano con balance económico e de xestión en positivo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A Asemblea Ordinaria de Socios avalou a xestión da directiva saínte e retrasa a elección dunha nova ata o 19 de xaneiro


Laura Moure/Silleda

A Asociación Amigos da Empanada da Bandeira (Silleda) celebrou este pasado xoves a Asemblea Ordinaria de persoas asociadas co obxectivo de facer balance da xestión realizada pola Xunta Directiva ao longo do ano 2023. Tras un resumo de tódalas actividades realizadas, o público asistente mostrou a súa enorme satisfacción co novo formato da Festa da Empanada, en horario de comida e cea; coa posta en marcha das Rutas da Empanada ou coa nova categoría infantil no concurso de empanadas. Así mesmo, valorouse moi positivamente o plan de difusión e comunicación da cita gastronómica co obxectivo de lograr a declaración de evento de Interese Turístico Nacional, pondo en valor iniciativas como a Gala da Empanada ou a estrea dun documental e mesmo un himno.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

No plano económico, o órgano da entidade aprobou as contas anuais, que finalizarán cun remanente positivo de en torno a 1.500 euros nestes momentos. Neste sentido, destacouse o gran investimento realizado nos Festivais da Empanada e na difusión do evento gastronómico máis antigo do Concello de Silleda. Isto foi posible grazas ao éxito de propostas como o Entroido de Verán, o Recuncar da Bandeira ou o San Cristovo, claves para finalizar o período cun resultado positivo. Se ben é certo que o número final é moi favorable, a Xunta Directiva tamén quixo expor as dificultades sufridas nunha edición pasada por auga que provocou un aumento de gastos imprevistos e a redución de multitude de ingresos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Por outro lado, a reunión de socios permitiu debater acerca de cuestións relacionadas co futuro da Festa da Empanada como a creación dun forno comunitario, a aposta pola marca da Empanada da Bandeira, a creación dun festival musical con artistas nacionais ou a instalación de elementos ornamentais en torno ao prato gastronómico en diferentes puntos da vila. 


Finalmente, a directiva comunicou a súa intención de deixar paso a un novo equipo, expondo as razóns que impiden a súa continuación ao fronte dos seus cargos. Non obstante, nesta ocasión non foi posible conformar unha nova Xunta Directiva debido á dificultade que isto supón e o elevado tempo que se precisa para xerar unha candidatura completa e redonda. Os socios e socias pediron algo máis tempo para realizar este encargo.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

En consecuencia, decidiuse ampliar o prazo ata o vindeiro venres 19 de xaneiro, momento no que se volverá a celebrar unha asemblea extraordinaria de elección da nova Xunta Directiva. Polo momento, a actual directiva continuará desempeñando os seus cargos en funcións




0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page