top of page

Amigos da Empanada da Bandeira convoca unha asamblea extraordinaria para a elección da nova xunta directiva

Terá lugar o sábado 24 de febreiro


Ecos da Comarca/Silleda

A Asociación Amigos da Empanada da Bandeira (Silleda) convoca a todos os seus socios e socias a unha Asemblea Extraordinaria que terá lugar o sábado 24 de febreiro ás 12:30 horas no Centro Cultural Vista Alegre.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O propósito principal desta reunión será a elección dunha nova directiva encargada de coordinar e organizar a próxima edición da Festa da Empanada. Este emblemático evento gastronómico e cultural galego, que cumpre 50 anos, require dunha planificación meticulosa e do compromiso de todos os membros da asociación e da vila enteira para garantir o seu éxito.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Entre os puntos da orde do día tamén se atopa a lectura e aprobación da acta anterior e, ademais, reservarase un espazo para a realización de preguntas e rogos, onde as persoas asociadas terán a oportunidade de expresar as súas inquedanzas e suxestións para o futuro da asociación e do evento.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Para máis información, poden contactar coa Asociación Amigos da Empanada da Bandeira a través dos seguintes medios:



Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page