Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Amigos da Empanada da Bandeira contrata con Espectáculos Seara as orquestras para esta cita

"Estamos a traballar nunhas festas moi similares ás do 2019, pero creando diversos escenarios en función da posible situación existente no momento, para así ter marxe de adaptación”, sinala Andrés Seoane, presidente da asociación


Laura Moure/Silleda

Tras dous veráns marcados pola cancelación de verbenas e festivais, a Asociación Amigos da Empanada de Bandeira confía nun verán moi diferente e aposta polo regreso da verbena e dos festivais Bandeirock e Esmorga Folk. A directiva da asociación de Bandeira continua avanzando cos preparativos e a programación da XLVI Edición da Festa da Empanada, asinando con Espectáculos Seara a contratación das orquestras que actuarán a noite do sábado 20 de agosto, despois de recibir diversas propostas do sector no último mes.

Sendo conscientes de que a Covid19 aínda traerá semanas complicadas, Amigos da Empanada móstrase moi optimista de cara á celebración da Festa da Empanada tras dous anos de obrigada parada. “Estamos a traballar nunhas festas moi similares ás do 2019 pero creando diversos escenarios en función da posible situación existente no momento dos festexos, para así ter marxe de adaptación”, sinala Andrés Seoane, presidente da asociación.

A entidade iniciou tamén o proceso de selección dos grupos de música rock e folk que conformarán os Festivais da Empanada e anima á veciñanza a enviar as súas propostas e preferencias a través das redes sociais (@amigosdaempanada), baixo o lema A unión fai a festa. Ademais, a agrupación gastronómica e cultural traballa na creación dun variado programa de actividades que se desenvolverán non só no verán senón tamén noutros meses do ano co obxectivo de dinamizar a vila.



209 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE