top of page

Amigos da Empanada da Bandeira anuncia o prazo para o aluguer de mesas da comida e cea de peñas

O período de reserva será distinto en función de se esta de realiza de xeito presencial ou telemático


Laura Moure/Silleda

O equipo de persoas voluntarias da Asociación Amigos da Empanada anunciou o prazo para a reserva de mesas da tradicional Festa da Empanada, que celebra a súa 48 edición o vindeiro 24 de agosto na localidade da Bandeira. Tras o éxito logrado o ano pasado, a cita gastronómica por excelencia do Concello de Silleda, apostará novamente polo formato de comida e cea, podendo as persoas asistentes gozar do evento en ambos horarios e polo mesmo prezo no que respecta ao aluguer de mesas. 

ree

O período de reserva de mesas será distinto en función de se esta de realiza de xeito presencial ou telemático:


  • Polo que respecta ao prazo de reserva de xeito presencial, este arrincará o luns 12 de agosto e estenderase ata o domingo 18 de agosto, ambas xornadas incluídas, cun horario de 19:00 a 21:30 horas durante a semana e de 12:00 a 14:00 horas o fin de semana. As solicitudes efectuaranse no Centro Cultural Vista Alegre e os métodos de pago son en efectivo ou transferencia bancaria. 


  • Así mesmo, poderase facer a reserva a través de WhatsApp contactando ao teléfono da asociación no 621 08 71 17 e podendo abonar a cantidade a través dunha transferencia bancaria ou bizum seguindo as instrucións indicadas pola organización na plataforma de mensaxería instantánea. O prazo de reserva de forma online estará aberto do luns 5 ao domingo 18 de agosto, ambos incluídos.

 

  • No caso das reservas de espazos para carpas privadas, estas deberán realizarse de xeito obrigatorio de modo presencial no Centro Cultural Vista Alegre. 


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información.

O prezo das mesas será o mesmo que na última edición, é dicir, 35 euros por mesa, dando cada unha delas servizo a un total de 10 persoas. No caso das persoas asociadas, estas terán descontos nas mesas, tendo un custo de 20 euros as dúas primeiras e de 25 a partir da terceira.


É importante recordar que son as peñas as que deberán levar todo o necesario xa que a organización só facilita o espazo e a mesa e ofrece servizos como baños, luz ou auga en diferentes puntos da carballeira da Pomba, na que se espera reunir a centos de peñas, é dicir, máis de 10.000 persoas. Tamén é preciso indicar que o prezo da mesa será o mesmo tanto se se decide comer, cear ou ambas opcións.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para contactar con nós.

A directiva roga a toda a veciñanza e persoas visitantes ao evento que cumpran meticulosamente co horario establecido xa que as persoas voluntarias realizan múltiples tarefas ademais das reservas. Ademais, a Festa da Empanada contará con pulpería oficial para todas aquelas persoas que non desexen reservar mesa ou que queden sen a mesma por falta de espazo. 


Máis información desta festa no enlace: https://www.festadaempanada.org/


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page