top of page

Amarelas gaña o Demo Day de Bicogal da Fundación Roberto Rivas

A empresa dezá que recibiu este galardón está formada por Cristina González e Erea Viz


Laura Moure/Deza

Amarelas S. Coop. Galega asentada na Comarca de Deza e que a conforman Cristina González e Erea Viz foron as gañadoras do Demo Day de #Bicogal co seu proxecto “Ben Estar”. Bicogal é unha iniciativa de emprendemento sostible que nace da paixón e o compromiso da Fundación Roberto Rivas para revitalizar o entorno rural de Galicia e que conta co apoio do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico. A iniciativa gañadora contará co respaldo da fundación e recibirá 5.000 euros para o seu proxecto.


O proxecto de Amarelas consiste nun programa turístico de benestar na natureza que combina a beleza paisaxística da comarca de Deza coa promoción do benestar físico e mental. A través de experiencias de actividade física, artística, de alimentación saudable, descanso e rexuvenecemento, propóñennos unha forma única de viaxar e experimentar o mundo promovendo a sostibilidade e o benestar integral.


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

"Felicitamos tamén ao resto dos equipos que presentaron os seus proxectos: Pablo Villaverde e David Rey, Claudia de Sas, Marcos Estévez e Manuel Ángel Gil. Todos eles fixeron unha gran exposición das súas propostas de emprendemento!", sinala a Fundación a través das súas redes sociais.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

O acto, que se celebrou este martes en Silleda, contou tamén cunha mesa redonda para falar de innovación e economía circular, coa participación de: Manuel Requeijo Rey, concelleiro do Área de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico do Concello de Silleda; Ana López Loureiro, directora do Centro de Innovación en Economía Circular do Concello de Madrid (CIEC Madrid) e Pedro Babo, director da empresa portuguesa LandraTech.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento

"Foi unha xornada inesquecible no noso espazo #LaModaRuralLab, con ideas e reflexións interesantísimas sobre bioeconomía, sostibilidade e o futuro do monte galego. Seguimos impulsando o corazón verde de Galicia!", subliña a fundación.


Máis información de Amarelas na súa web: https://amarelas.es/

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page