top of page
Foto del escritorLaura Moure / IsmaelRS

Amantes do mundo equino déronse cita en Artoño

Máis dun cento de xinetes e amazonas chegados dende distintas zonas de Galicia participaron na segunda ruta cabalar organizada polos Cabaleiros de Artoño

Laura Moure/IsmaelRS/Agolada

Amantes do mundo equino déronse cita este sábado no municipio de Agolada. Máis dun cento de xinetes e amazonas, chegados dende distintos lugares da comunidade galega, participou na segunda ruta cabalar que organizan os Cabaleiros de Artoño, en concreto, os irmáns Iván e Juan Carlos García.


PREME NO VÍDEO QUE FIXEMOS ECOS DA COMARCA 👇👇👇👇

A ruta arrancou dende Artoño, dende o campo da festa, e continou polas parroquias agoladesas de Berredo e A Baíña. O bo tempo acompañou e o compañerismo e boa sintonía reinou durante a xornada festiva. Ademais, en citas coma estas, destaca o boa conexión que existe en xeral entre os animais e os seus donos.


Publicidade

Durante a ruta fixéronse dúas paradas para retomar forzas. A primeira foi na área recreativa da Cornella, situada entre os concellos de Agolada e Santiso, que é un lugar privilexiado que goza dunha fermosa paisaxe, dun bar e ademais, moitos dos cabalos puideron refrescarse no río Ulla.


Publicidade

Despois continuaron co traxecto e chegaron ata o campo da festa da Baíña onde fixeron a segunda parada. Alí puideron degustar uns pinchos, acompañados da boa música da charanga Os Pendellos de Agolada.

Tras chegar de volta a Artoño, algúns dos participantes subiron os seus animais aos carros para volver con eles á casa. Despois tocou regresar para desfrutar de novo da boa compañía e dunha boa cea en Artoño á que se sumaron veciños da parroquuia e máis persoas que quixeron tamén gozar desta cita cos cabaleiros. A música correu a cargo da charanga Os Pendellos e da Disco Móbil Bais 7, quen tamén amenizou a saída da ruta.


E como din por aí "non hai dúas, sen tres", así que toca agardar ao vindeiro ano. Tomen nota: a terceira edición, tal e como nos adiantaron en exclusiva a ECOS DA COMARCA, será o 13 de xullo de 2024! Nós? Alí estaremos, como o primeiro día!


NOTICIA RELACIONADA:

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page