top of page

Amador Penas e Lucía Peón gañan a IX Carreira Pedestre Popular Concello de Touro

O vindeiro domingo celebrarase nesta localidade o I Quad Cross Country/ Motos


Ecos da Comarca/Touro

A carreira de onte. Autor: MLamas.SPORTS

Onte, domingo, disputouse a IX Carreira Pedestre Popular Concello de Touro. Anotáronse un total de 235 participantes. "Dende o Concello de Touro queremos agradecer a gran labor que fixeron @s voluntari@s nesta IX Carreira Pedestre que foi todo un éxito a nivel organizativo e de participación".


Publicidade

CLASIFICACIÓN ABSOLUTA IX CARREIRA PEDESTRE

  • Amador Penas 37:25

  • Sergio Requeijo 37:29

  • Jose Sandá 37:34 e 1° local


  • Lucía Peón 45:36

  • María Tarrío 47:06

  • Nuria Mejuto 49:57


Publicidade

Onte tamén tivo lugar a presentación do evento I Quad Cross Country/ Motos Concello de Touro que se celebrará o vindeiro domingo nas inmediacións do núcleo de Fonte Díaz.

"Na carreira pedestre "Os do jatillo" foron os encargados de abrir e pechar as diferentes categorías. Agradecemos a súa colaboración e convidámosvos a marcar no calendario o vindeiro domingo como unha nova xornada de ocio e deporte no noso concello", resalta o Concello.




0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page