top of page

Amador Pena e Isabel Sixto gañan a Carreira Popular do Pino, con preto de 500 participantes

A SD Compostela gañou a clasificación por equipos, e o Club Atletismo O Pino foi o que aportou máis atletas


Laura Moure/O Pino

Amador Pena, da SD Compostela, volveu proclamarse campión da Carreira Pedestre Popular do Pino ao percorrer os oito quilómetros da categoría absoluta nun tempo de 28:15, repetindo deste xeito o triunfo do ano pasado. Na categoría feminina a máis rápida foi Isabel Sixto Tato, de C.A. La Blanca, que tardou catro minutos máis en cruzar a meta (32:36). Preto de 500 atletas de todas as idades participaron este domingo nesta carreira popular.

Na proba absoluta tomaron a saída algo máis de 200 atletas maiores de 18 anos. Amador Pena (28:15), Martín Lestido (28:20), do C.A. Sar, e Alberto Mariño (28:21), da SD Compostela, foron os máis rápidos dunha proba de oito quilómetros de percorrido. Na

categoría feminina, por detrás de Isa Sixto (32:36) cruzaron a liña de meta Soledad Leiro

(33:19), da S.D. Compostela, e a peregrina holandesa Catijn Schierbeek (33:23) que está

facendo o Camiño de Santiago e decidiu participar nesta proba popular.


Na clasificación por equipos, a SD Compostela levou o primeiro premio con 79 puntos, ao

colocar a seis atletas entre os 24 primeiros clasificados; seguido do Nosportlimit (114 puntos) e do Club Atletismo Sar (146). O Club Atletismo O Pino contou cunha numerosa

representación nas diferentes categorías, polo que levou o premio ao club máis numeroso nesta proba.


Numerosas persoas se achegaron ata a praza de Forcarei para animar aos corredores das

diferentes categorías nunha mañá moi animada. O alcalde, Manuel Taboada; o concelleiro

de Deportes, Borja Castro; concelleiros do goberno local e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, así como representantes do C.A. O Pino entregaron os premios aos gañadores das diferentes categorías.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As principais clasificacións quedaron do seguinte xeito:

  • Sub-18: Daniel Maneiro, Adrián Sesar e Iago Mateos; Aiala García, Carmen Pérez e Lorena Pegito.

  • Sub-16: Alex Carrasco, Diego Amoite e Xabi Camba; Carmen Paz, Lucía Taboada e Icía Castro. Carmen Pérez e Samuel Santos foron os mellores atletas locais nestas categorías.

  • Sub-14: Brais Rendo, Marcos Barcala e Xoel Otero; Judit Barros, Xoana Rodil e Cayetana García. Xoel Otero e Ana Mecías foron os mellores do Pino.

  • Sub-12: Xabier Rodil, Gabriel Nogueira e Nicolas Amado; Julia Fagilde, Icia López e Carla Suárez. Os mellores do Pino foron Martín García e Idaia Flores.

  • Sub-10: Alex Pena, Isma Barros e Nico Camino; Celia Mella, Mireia Díaz e Nagore Villar.

  • Mellores de O Pino: Mario Mera e Claudia Fernández.

  • Sub-8: Luca amos, Breixo Barcala e Román Lemos; Celtia López, Paula Campos e Lúa García.

  • Mellores de O Pino. Román Lemos e Aina Raskin.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page