Alumnas do ciclo de Atención a persoas en situación de depedencia visitan a casa do maior de Cruces
Acaban de quedar dúas prazas vacantes a espera de asignalas por parte da Xefatura Territorial
Laura Moure/Vila de Cruces
A semana pasada visitaron as instalacións da Casa do Maior A Oliveira de Vila de Cruces as alumnas do primeiro e segundo curso do ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia do IES Marco do Camballón deste municipio. En total estiveron nestas instalacións unha vintena delas.

"Na visita expliqueilles a miña experiencia emprendedora, o recurso da casa do maior e viron as instalacións. Ademais, levaron unha pulseira feita polos usuarios", conta Cristina Arias, a responsable desta casa do maior.
Así mesmo, Arias informa que "actualmente na casa do maior acaban de quedar dúas prazas vacantes a espera de asignar por parte da XefaturaTerritorial, posto que hai solicitudes, pero están a espera de valoración de dependencia".
Noticias relacionadas:
Entrevista Cristina Arias pola apertura da casa do maior: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-verdade-%C3%A9-que-sempre-tiven-claro-que-o-meu-eran-as-persoas-maiores