Abrangue charlas en formato participativo e lúdico, en coordinación co profesorado e equipos de orientación do centro de ensino sobre respecto á diversidade, igualdade e dereitos humanos
Ecos da Comarca/Lalín
Continúa desenvolvéndose no IES Laxeiro o programa GENDER ABC, promovido polo Concello, a través da Oficina de Igualdade, e en colaboración con Médicos do Mundo.m Deu comezo esta semana e abranguerá unha terceira xornada o próximo 26 de outubro con todo o alumnado de 3º de ESO e 1º e 2º de FP básica do IES Laxeiro.
Publicidade
O proxecto desenvólvese en centros de educación secundaria de todo o estado impartindo obradoiros en formato participativo e lúdico, en coordinación co profesorado e equipos de orientación do centro de ensino.
Publicidade
As temáticas que se abordan son o respecto á diversidade, a igualdade e os dereitos humanos, para contribuír á reflexión e debate entre xóvenes e adolescentes, sobre as relacións baseadas no bo trato e a convivencia. Tamén se abordarán cuestións chave para comprender e cuestionar a violencia de xénero.
Publicidade
Os contidos dos módulos preséntanse desde o punto de vista do alumnado para que poidan comprender como funcionan as desigualdades e as violencias de xénero. Cun enfoque participativo anímase ao alumnado a identificar os roles e estereotipos de xénero na sociedade, atopar modelos positivos de desenvolvemento individual non sexistas, promover liderados para previr e loitar contra a violencia de xénero e, en definitiva, converterse en xóvenes axentes de cambio.
Comments